"Aquí antes había un muíño"
O PROXECTO
O proxecto “Aquí antes había un muíño” -presentado polo Galgo Espazo Cultural- foi un dos escollidos pola Deputación de Cultura da Coruña para recibir un dos galardóns do Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social.
A iniciativa “Aquí antes había un muíño” xira en torno ao antigo muíño da Gramela, símbolo da Agra do Orzán durante dous séculos, co obxectivo de rescatar as historias esquecidas e implicar á veciñanza na posta en valor da historia e do patrimonio común. A través dunha ampla programación —murais artísticos, obradoiros, faladoiros, roteiros e mesmo unha exposición—, o proxecto promove a participación e a memoria colectiva de persoas de todas as idades e orixes.
O que fixemos nos meses de setembro, outubro e novembro de 2025:
Presentamos a programación das actividades que deron forma ao proxecto:
Sobre o proxecto
Profundiza e participa na iniciativa que impulsa esta recuperación patrimonial.
Coñece a súa historia
Descubre como o muíño e o barrio medraron xuntos.
Memorias e murais
O barrio que fala, pinta e lembra.
Repositorio Dixital
Accede á colección de recursos relacionados co muíño.