O proxecto “Aquí antes había un muíño” -presentado polo Galgo Espazo Cultural- foi un dos escollidos pola Deputación de Cultura da Coruña para recibir un dos galardóns do Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social. 

A iniciativa xira en torno ao antigo muíño da Gramela que durante dous séculos foi símbolo da Agra do Orzán. O obxectivo de “Aquí antes había un muíño” é rescatar as historias esquecidas mediante murais, obradoiros, faladoiros, roteiros e ata unha exposición, involucrando a toda a veciñanza, de todas as idades e orixes.


Presentamos a programación das actividades do proxecto