UN ESPACIO CULTURAL DO BARRIO CORUÑÉS DE AGRA DO ORZÁN

Apaixónanos a cultura, os libros e os encontros entre persoas que gozan da beleza poética nunha proposta de librería, grolos e moito máis. 

Cremos na literatura e nas artes polo seu poder máxico para transformar o mundo. Por iso buscamos romper estereotipos desde as prácticas lectoras e artísticas onde o diverso e o único atópanse para:

  • Descubrir o pracer pola literatura infantil, o álbum ilustrado e a novela gráfica

  • Celebrar a diversidade en todas as súas formas: de linguaxes, xéneros e culturas 

  • Sorprender con universos temáticos novos en charlas, obras teatrais, concertos e talleres 

  • Gozar da calma dun café sen présa entre historias marabillosas

Contigo, facemos de Galgo Azul un espazo onde todos os imaxinarios entran en interacción ao xogar, pensar e sentirse a través das palabras e imaxes. 

Dámosche a benvida!