O proxecto “Memoria Migrante (en) Movemento” -presentado polo Galgo Espazo Cultural- foi un dos escollidos pola Deputación de Cultura da Coruña para recibir un dos galardóns do Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social 2026.
A iniciativa parte da premisa que a cultura é un dereito, e migrar, tamén. Así, propoñe ser unha plataforma para activar diálogos, celebrar e transformar a percepción da migración na Agra do Orzán dende un enfoque dos dereitos culturais.