"Aquí antes había un muíño"
HISTORIA E EVOLUCIÓN DA GRAMELA
No século XVIII, A Coruña viu nacer os muíños de vento de Santa Margarida e da Gramela, verdadeiros símbolos do traballo, da produción de fariña e da alimentación que sostiña a vida na cidade. Co paso do tempo, foron quedando fóra de uso e desaparecendo da paisaxe urbana. Nesta sección, poderás descubrir datos, curiosidades e anécdotas sobre estes muíños históricos, parte esencial da memoria, do patrimonio e da identidade do barrio e da cidade.
Entra en funcionamento o Muíño da Gramela no actual barrio de Agra do Orzán. Era propiedade de Genaro Fontenla, un indiano enriquecido en México. Utilizábase para fabricar pan de galleta e pan fresco, abastecendo ás tripulacións dos Correos Marítimos e ao público xeral.
A factoría é incautada polo Estado, e instálanse nela tropas militares.
Genaro Fontenla falece durante a Guerra da Independencia, e o complexo entra en declive.
Os muíños da Gramela aparecen por primeira vez nun plano realizado por Manuel Ibarreña.
Os muíños de vento da Coruña, incluído o da Gramela, deixan de moer trigo, xa que as fábricas de fariña comezan a industrializar o proceso.
Documéntase o muíño a través da fotografía, como se recolle nunha vista panorámica da Colección BARTOLOMEU-CHAVER.
Pablo Picasso, con catorce anos, pinta unha pequena peza ao óleo que, segundo análises recentes, representa o Muíño da Gramela e non o de Santa Margarida, como se catalogou tradicionalmente. A obra, actualmente encóntrase na Casa Museo Picasso da Coruña.
O muíño é definitivamente retirado, tras estar case 100 anos inactivo. Ata o momento, era o único na coruña que se conservaba in situ y sin apenas modificaciones. Nese momento, xa carecía de cuberta e era considerado un "tapón urbanístico". As súas pedras desmontáronse, numeráronse e deixáronse á intemperie no parque de Santa Margarida.
O goberno local anuncia a idea de volver montar o muíño no barrio de Monte Alto ou xunto ao de Santa Margarida, plans que nunca se materializaron.
Todas as pedras do muíño son trasladadas ao almacén municipal de Bens, onde permanecen.
Veciños de Agra do Orzán mobilízanse pedindo que o muíño da Gramela volva ao barrio.
Nace Galgo Azul, unha librería e espazo cultural situado na Avenida Gramela 16, xusto enfronte de onde se atopaba o muíño.
Lánzase o proxecto cultural "Aquí antes había un muiño" (Galgo Azul) co obxectivo de recuperar a memoria, historia, e o patrimonio material e inmaterial do muíño da Gramela e do barrio de Agra do Orzán a través da cultura e as artes.
Sobre o proxecto
Profundiza e participa na iniciativa que impulsa esta recuperación patrimonial.
Coñece a súa historia
Descubre como o muíño e o barrio medraron xuntos.
Memorias e murais
O barrio que fala, pinta e lembra.
Repositorio Dixital
Accede á colección de recursos relacionados co muíño.