MERCADIÑO GRÁFICO DE NADAL
Dende Galgo Azul abrimos a convocatoria para participar no Mercadiño Gráfico de Nadal, que se celebrará o sábado 5 de decembro de 2026.
Un espazo de venda para persoas que debuxan, editan, imprimen, crean e experimentan arredor do universo da ilustración.
Se che apetece participar cos teus produtos gráficos, ata o día 25 de novembro agardamos a túa inscrición!